venres, 17 de xuño de 2022

 Galegos do mes:

Estivemos traballando para comezar a situarnos...
E fomos de visita, agora que podemos, á clase de 4 anos para ver os seus mapas xigantes.
Asistimos á representación do alumnado de 5º dentro do proxecto LÒVA, que leva desenvolvendo o noso cole dende hai uns anos. É magnífico!


Rematamos, por este curso, coas actividades de educación vial promovidas por Salomé.

                                           

E como colofón a estas aprendizaxes, a Policia Local entregounos hoxe os carnés que elaborou Salomé para certificar o noso traballo. Falaron con nós, lembráronnos algunhas cousas importantes, mostráronnos o seu vehículo patrulla e mesmo puidemos probar a sentarnos!!.
 Tamén se achegou o Alcalde, e manisfestouse o interese común por seguir colaborando xuntos en proxectos con proxección social no concello. Como é o traballo do alumnado de 5 anos, que deixará a súa pegada nos bancos do paseo marítimo, como fin dun proxecto de expresión oral que desenvolveron. Eles mesmos tiveron que pedir permiso telefónico  para poder instalalos...

A profe Natalia entregounos os Diplomas fin de curso, por participar con interese nas actividades.












E algúns vídeos de outros momentos vividos...

Que difícil!!


Danza

              SOMOS UN GRAN EQUIPO!!!




Grazas mil ós especialistas que nos axudaron a medrar en tódolos aspectos este curso: Pablo, María, Natalia, Rosa e Santi. E un agradecemento especial a Salomé, que fai tanto e tan ben!!
Grazas ó resto da Comunidade Educativa (familias, ANPA, cociñeiros, conserxe, limpeza, etc... etc...) por todo o que aportan para que o Eladia Mariño siga a facer honor ó seu lema:

                                                                            UNHA ESCOLA CHEA DE VIDA













xoves, 9 de xuño de 2022

 Máis cousas relacionadas co mar que temos na casa...






Rescate dunha balea, con Salomé:






Tamén comentaron o mural que Leandro Lamas fixo en colaboración con nenos e familias:



Alunhas das actividades musicais:


Desafíos difíciles con Pablo...






E o Proxecto Cabanas O Mar, organizado polo Concello, para dar coñecer a riqueza natural da nosa contorna, que integramos no noso "Sitúate". Mágoa non poder ter feito a saída.
 








                                             
E puxemos a rede que decoramos a modo de cortina na porta...