luns, 30 de maio de 2022

 Repasamos algúns dos momentos vividos a semana pasada.

Fixemos un simulacro de incendio por sorpresa ,pero non nos asustamos porque xa estábamos preparados para responder...






Yoga...

Visitounos o noso querido BLUE, o amigo de Salomé. Encántannos os seus sonoros bicos.
Experimentamos coa expresión artística, descubrindo novas técnicas...




                   
Somos quen de facer traballos moi difíciles, pero tamén nos gusta moito xogar!







Por fin podemos xogar xuntos por todo o patio!!

Cantamos en varios idiomas...
E continuamos coñecendo información, cancións, historias, literatura, xogos e bailes relacionados co mar... Graciñas polas vosa aportacións




Exploramos a realidade coa lupa dixital, achegámonos a historias coma a de "O vello e o mar", tamén a clásicos do noso folclore coma a canción de "Catro vellos mariñeiros", disfrutamos dos xogos de contacto persoal en psicomotricidade, observamos algúns cágados que nos compartiron os compañeiros de 4 anos,etc, etc... pero non podemos ofrecervos imaxes de todo... Estamos tan concentrados!!





















luns, 23 de maio de 2022

 Amosamos algúns instantes do vivido os días pasados, nos que celebramos a Semana dos Maios e as Letras Galegas( que son tódolos días...); aproveitando para achegarnos ós nosos símbolos, tradicións e cultura en xeral: himno, bandeira, cancións populares, xogos, bailes...

Tivemos a oportunidade de disfrutar dunha sesión con BRAZOLINDA, un proxecto moi interesante dunha artesá de Santiago de C., co que pretende promover os xogos de mesa.

Aprendimos algúns pasos de muiñeira con Salomé: e fixemos tamén con ela uns marabillosos debuxos sobre a nosa familia...

Semana Maio e Letras Galegas

E aínda máis... Engadimos enlace ó programa de RADIO CABANAS, que probablemente sexa o derradeiro deste curso.








sábado, 14 de maio de 2022

 ACUARIO


Xa temos Galeg@s do mes de Abril. PARABÉNS a VALERIA e LEO!! 😀


Estes días botamos en falta ós compañeiros que faltaron, pero nós continuamos traballando arreo...
Presentamos o noso debuxo para o Certame convocado por Cabanas Rural...
 E comezamos a preparar a nosa Semana das Letras Galegas. Este ano non nos centramos no autor homenaxeado, senon que eliximos familiarizarnos cos símbolos da nosa terra e tradicións (bandeira, muiñeira, himno, maio...)

E para rematar, algunhas anécdotas do día a día:
Temos que agradecer a Martina e Lúa Villar pola súa disposición e bo facer... Últimamente o servizo de limpeza deixa levantadas as cadeiras, e elas as baixan nun abrir e pechar de ollos ... Non queren nin axuda!!, iso que son moitasss... Sonche moi dilixentes💗

Aquí, con Andrés o conserxe, que veu facernos unha visita na merenda. Sintonizan moi ben con el, sempre están con bromas...

Eeeee, alá imos. Unha axilidade IMPRESIONANTE!!


xoves, 5 de maio de 2022

 Benvidas de novo, familias. Vimos cargadiños de cousas para compartir: a chegada de Luíña (á que lle adicamos unha canción co mesmo nome ca o can de Colombia..."Happy"; Día do Libro; cartel resume da visita a CampoCapela para compartir no mural de Sitúate; cumpre de Sabela e Martina (con agasallos incluidos); "hai bichos na nosa clase"😄; escalada e "variantes"; reciclaxe de papel con Salomé, etc...

Asimesmo, engádese enlace directo co blog de inglés para que vos sexa máis doado acceder. Está na columna da dereita.

Finais abril-comezo maio

Xa temos galeg@s do mes de abril, pero agardamos presentalos a vindeira semana xa que ésta non se puido sacar a foto.

Queda pouco curso e moito que facer. Seguiremos informando.Compartídeo con eles para que vos conten, esa é a intención.