luns, 31 de xaneiro de 2022

De novo por aquí... Carmen e Antón enviaron estas imaxes:




Propóñovos unha tarefa. Que tal se facedes algunha composición con recortes de figuras básicas (un animal, unha casa, un vehículo, unha paisaxe...). Tamén podedes xogar a convertir unha soa peza en algo que se vos ocorra debuxando o que falte, coa axuda da vosa familia. Un reto moi divertido e interesante. 

Se queredes,tamén podedes representar o conto dos tres porquiños con formas. Algúns xa vistes como fixemos un día, pero podedes crealo á vosa maneira, en 2D ou 3D...

Así é como contan OS TRES PORQUIÑOS o que pasou:

Pero o lobo non está de acordo, e dá a súa versión. Xa ves que cada un vive as cousas dun xeito diferente.
 

Este venres marchou Ethan, o auxiliar de conversa. Na caixa que leva vai o noso agradecemento, que só fixeron algúns dos que estaban daquela. Graciñas , foi un pracer!

Para rematar hoxe, comunicar que comezamos en Febreiro, aínda que o resto do cole xa o fixo este mes, o certame Galego do Mes, que ten como obxectivo promover a fala da língua galega entre o alumnado. Cada mes, o titor/a de cada clase elexirá un dos seus alumnos que se signifique por facer un esforzo en empregar esta língua, xa que o seu uso é minoritario no noso centro. Será galardoado con unha chapa, a súa foto será exposta no "Pavillón de ilustres".

Así que ide practicando...




sábado, 29 de xaneiro de 2022

 ACOMPAÑAMENTO: EDICIÓN ESPECIAL FIN DE SEMANA

Benvidos . Pasen e vexan... Tachaaaán!

Unha vez superada a impresión das máscaras, xa poderedes gozar en familia deste espectáculo:


Non nos chegan os ollos...

Arte con area. Precisa que interactuedes con eles/as comentando o que ocorre nesta historia, e as transformacións das figuras...


Proba a ver que poden facer as túas mans...



Recoñeces algunha destas letras?

                                               
Agora o verás máis clariño...
                                               

E para rematar... 

Ata o luns! Xa queda menos.

venres, 28 de xaneiro de 2022

ACOMPAÑAMENTO(3) 

Mirade canto traballa Carmen! Corta que recorta... Como gustan as tesoiras! Produción industrial.


Lúa, de deseñadora, no seu laboratorio de formas...


Éstas son as propostas de hoxe:

Dados, nocións espaciais, cores, imaxinación... e todo o traballo que da facer unha animación stopmotion para desfrutar uns poucos minutos.

Recomendo este conto, que podedes ver neste enlace. Bo canal de narración de libros infantiles.

Del círculo que se cayó de una camiseta de lunares



Que non falte a imaxinación!
E agora... un reto. Saberías dicir en que outro vídeo dos de hoxe escoitaches a música desta canción de Mamá Cabra?

Non perdades a EDICIÓN  ESPECIAL FIN DE SEMANA, con arte, pallasos, maxia, mimos, música e aínda máis!!

xoves, 27 de xaneiro de 2022

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Benvidos ás sesións de ACOMPAÑAMENTO! Lede o correo que vos enviei. Graciñas!

Un vídeo para afianzar o coñecemento das formas xeométricas básicas:

Contamos?
Xogando coas mans... Animádeos a que o imiten, e mesmo podedes inventar variantes...

E para rematar... podedes bailar en parella con eles esta canción que escoitamos, hai unha tempada, para recoller os recantos. O vídeo non ten interese, só a música...
Ata mañá!


sábado, 22 de xaneiro de 2022

 Repasamos algúns momentos da semana. Escaleiras, matrioskas, paus, circuito ed. viaria, novas rutinas en English, estrea do areeiro, agasallo de Ton, música, xogos, bailes, vídeos...

AQUÍ

E AQUÍ...

Engadimos un dos  vídeos vistos esta semana para desfrute de todos... Unha "parente" do Home Pau ó que xa estamos despedindo.


sábado, 15 de xaneiro de 2022

 Xa estamos de volta. Estreamos novo inverno xuntos. O Nadal deixou uns agasallos por aquí...



Algúns xa lles sacaron partido...

Iso que fai moito frío, BRRR...
Ata temos neve!



Comezan novas actividades, novas rutinas, novas cancións, novos profes. Éste é Pablo, o de Educación Física ,que veu coñecelos esta semana...

A música nunca falta.





E... coñecimos a o Home Pau (Stickman), que irá de visita á nosa casa para que se presente en familia. 





Con el practicamos o debuxo e modelado do corpo dun xeito simple... Estaremos con el unha semana máis.

A primeira vez que usamos acuarelas! Fixémolo de marabilla.

Estreamos tamén o Programa "21+2 Curtas". Un ciclo de curtas con valores que desenvolveremos durante o resto do curso xunto con todo o alumnado do centro. Cada semana un( ademais dos que vemos con frecuencia nó). Esta vez foi: