mércores, 22 de decembro de 2021

Sen palabras...

Non esquezades explorar a web do cole...😊

Así rematou Decembro: Proxecto Solidario, Apalpadora e Nadaliño, despedida do profe Andrés...
















A recuperarse os que non puideron estar. Aburiño...





xoves, 16 de decembro de 2021

 Hoxe comezamos a empaquetar...













Como vedes, a profe Natalia e Ethan, o auxiliar de conversa, adicaron a súa sesión axudarnos.

Agardamos que os compañeiros/as que están enfermos se recuperen axiña, e poidan vir para despedirse antes das vacacións.  

mércores, 15 de decembro de 2021

 Aquí estamos de novo, traballando arreo no Proxecto Solidario...





Alexis tamén trouxo un boneco de neve precioso , feito coa súa familia,  para adornar a cheminea do cole...

Traballar traballamos, pero tamén temos tempo para ir...




venres, 10 de decembro de 2021

 Andamos moi ocupados/as estes días, rematando traballos pendentes e comezando as tarefas da ilusionante Proposta Solidaria. Se queremos chegar a moitos hai que traballar arreo!. Mágoa que falten tantos compañeiros estes días.

Grazas a todas as familias que están colaborando. Aquí algunhas imaxes de aportacións e labores de forrado da caixa. Estade atentos porque esta vindeira semana haberá máis...









venres, 3 de decembro de 2021

 Presentámosvos a unha nova compañeira, chámase PLANTITITA, filla dunha planta do cole. Con Salomé ocupáronse de conseguir que botara raíces, e esta semana a plantaron como é debido. Temos que ocuparnos de que non lle falte de nada.





Practicando o difícil salto...