luns, 28 de marzo de 2022

 Esta semana ,como ben sabedes,  achegámonos  a As Pontes, para coñecer a Xosé Manuel e ós Amigos da madeira. Fomos repartidos en catro grupos internivel ( 3, 4 e 5 anos) por  cuestións organizativas ; cada un co seu  distintivo, un brazalete de cor  que parece ser que lles fixo moita ilusión. Foi fantástica!! Portáronse estupendamente, pasárono igual de ben e viron moitas cousas. Mágoa non ter máis tempo...Estamos inmensamente agradecidos a todos os anfitrións pola súa xenerosidade e bo facer; e tamén ó Concello por facilitarnos sempre o acceso a instalacións da veciñanza.

AS PONTES

Shhh, shhh, temos un plan...(coma o libro).

Xogando

E agora si, para rematar, presentamos o CONTO VIAXEIRO, creado e elaborado por todo o alumnado de Infantil, coa axuda de Salomé. Agardamos o disfrutedes e saibades apreciar o traballiño que hai detrás... Grazas!!







venres, 18 de marzo de 2022

 Cargadiña de cousas vén outra semana máis. 

Presentámovos o cartel adicado a Finola Vázquez , no que traballamos a semana pasada. Ésta estivemos centrados no conto xeométrico dos Tres Porquiños, elaborando un caderno aínda por rematar, no que traballamos, nº (grafía e cantidade), formas, conceptos, cores, recortado, grafomotricidade fina e por suposto as formas!

Logo,algunhas das actividades tan interesantes que fan cos especialistas, e un breve momento do recreo.

Argallando

Se queredes ver o vídeo ó que remite o código QR do noso cartel, é éste:

Finola Vázquez

Acceso ó programa de Radio Cabanas desta semana, que se colgará en breve na web:

Radio Cabanas

E xa por último, como  adicaremonos estes vindeiros días a coñecer xogos e xoguetes, comparto un vídeo que vimos hoxe e que quixeron que o puxera por aquí para ver se vos animades...😊



luns, 14 de marzo de 2022


Momentos...

Comentarios:

- Xa temos "Galego do mes de Febreiro": Eizan. Noraboa!!

- Na primeira imaxe, pódese ver a cova feita con vimbios do patio. Feita pola ANPA , coa axuda dalgunhas familias voluntarias. Preciosa. Agardamos poder facer uso dela cando o chan o permita. 

Seguimos coas melloras e enriquecemento deste espazo de lecer. Agora xa podemos ler, tamén. Grazas a todas as familias que doaron material.

- O Eladia vai nomear cada unha das aulas , adicándollas a mulleres relevantes  da contorna. A nosa estará adicada a Finola Vázquez, artesá e actriz de Neda. Esta semana estivemos preparando o cartel correspondente para a exposición que se fará na Biblioteca do centro.  Tan pronto estea todo disposto, a mostraremos. Centrámonos no tema das bruxas.

- Están ensaiando unha peza en Música, a ver se se pode incluir no próximo programa de radio.