luns, 14 de febreiro de 2022

 XA ESTAMOS TODOS!

Esta semana:

Celebramos o cumpreanos de Lúa. Parabéns polos teus 4 anos!! Comeza  a conta atrás para os demáis...



Con Pablo estivemos descubrindo Xogos Populares, dos que poderemos seguir disfrutando nos recreos.                                                                                                                                                                                            

                                                                                                   

Comentamos o mural do Día da Paz, que fixo o alumnado de Infantil en Valores.



Disfrutamos, por fin, algo máis do Circuito de Ed. Vial provisional que fixo Salomé. Agardamos dispoñer axiña do definitivo, que se vai pintar coa colaboración da ANPA..

Con novas adquisicións...😀
Alexis trouxo a ensinar un "supercamión" que fixo coa axuda da súa mamá...
Sabela foi a axudante en Inglés esta semana:
E algunhas imaxes máis de recordo:


Disfrutamos da curta desta semana, "Alike", e comezamos a prepararnos para o Entroido etc..., etc
Aburiño!





sábado, 5 de febreiro de 2022

ACOMPAÑAMENTO (8)

Remata unha semana rariña para os que estabamos no cole, e por fin ó voso confinamento! Verémonos o luns.

Éstas son algunhas das cousiñas de hoxe:


Vedes algo novo?


Eizan fixo un moi bo traballo! Deulle color ó título do escenario de inverno que tiñamos medio feito..., aínda que o tempo non o pareza...



Practicamos o repaso do nome, debuxamos, fixemos o préstamo e collimos un corazón de algodón das Menciñas para a Paz. Quedan outros agardando por vós.




Aburiño, remata aquí o acompañamento diario nesta etapa especial; e facémolo con este vídeo que vimos hoxe:















venres, 4 de febreiro de 2022

 ACOMPAÑAMENTO (7)

Así celebrou Lúa o seu cumpre:

O luns faremos todos o noso ritual na clase, tamén.

E agora veredes se acertastes o problema que plantexamos onte:

Pois si, aínda estades 8 na casa...👩👩👩👩👩👩👦👦. A ver se recoñecedes os nomes no taboleiro. 

Mostramos algo do que fixemos  hoxe. Coa mestra Salomé fixemos hoxe a asemblea, e logo estivemos de circuito:




E coa profe Natalia, xogamos ós médicos e médicas, xa que o luns celebramos no cole o DÍa da Paz.
Nós participamos con corazóns de algodón, pero ...
A rutina do "The helper", escribir nome, o tempo, día da semana, recoller a folla impresa...


Natalia veu vestida de médica, trouxo un maletín e mirou como estábamos de saúde. Por suposto, moi ben. 


Contounos un conto moi divertido e máis unha canción para que non teñamos medo de ir ó/ á pediatra. Se queredes velos, visitade o seu blog  https://eladiamarinospeaksenglish.blogspot.com/ dentro da web do cole. O conto " What's the matter?" e a canción "Going to the doctor" están na publicación do día 30 de xaneiro.




Tamén fixemos un cadro moi bonito para a casiña da clase, entre os 4; pero hoxe... non temos foto 😥
Ata mañá!



 


xoves, 3 de febreiro de 2022

 ACOMPAÑAMENTO (6)

Saudamos hoxe, primeiro ós que estades na casa casa!✋💗

Aquí temos a Vega en acción:


E a Lúa, facendo exercicio e debuxando á súa irmá. Aplausos para as dúas 🏆

E, por certo... HOXE CUMPRE 4!! PARABÉNS!!🎈🎈🎈🎈


Pola clase, facendo cousiñas tamén. Hoxe xa chegou Thiago, e pouco a pouco estaremos todos. Cando puxemos as Cousas do Día, no reconto había un montón de compañeiros na casa. Non tomamos foto do taboleiro, pero mañá intentaremos poñela. A ver se acertades...
 Se sodes 12, e hai 4 compañeiros na clase, cantos estában na casa? Un problema de maiores para vós. A ver como o resolvedes, con un pouco de axuda. Mañá, o resultado.












Hoxe tocou curta.

Compartimos ésta e a da outra semana, que xa coñecedes, para que as comentedes en familia.


Que curioso! Os dous empezan por PI... Que palabras coñeces que empecen así?
Ata mañá!


mércores, 2 de febreiro de 2022

 ACOMPAÑAMENTO (5)

Ola a todas e todos!! 


Eramos só tres, os tres osiños, que porquiños non querían ser... Estivemos probando un pouco algúns novos xogos. Acordámonos moito de vós.








Vimos algún dos mesmos vídeos ca vós, e tamén a actuación das Tanxugueiras. Logo valoramos sobre 5. 

Con María fixemos uns cantos xogos. Éstes son algúns:
                                                


Agora, os que están na casa:
Antón non para!!. Vemos algunhas imaxes...






E Lúa tamén... Está probando o experimento dos debuxos que nadan na auga, pero aínda non lle saíu. Ollo! non valen todos os rotuladores. Mellor os máis baratos...
Mirade o que escribe...

E...xa para rematar hoxe, facede coma Antón, axudade na casa. Alomenos recollede o voso. Aí vai esta canción: